Friday 03 de May de 2024

Un total de 99 centros educativos da provincia da Coruña recibirán as axudas da Consellería de Cultura e Educación para impulsar os clubs de lectura


O departamento dirixido por Xesús Vázquez Abad destina 200.000 euros ao fomento destas iniciativas en 228 centros de toda Galicia, un 21,2% máis que o ano anterior

Un total de 99 centros educativos da provincia da Coruña recibirán as axudas da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para incentivar o funcionamento de Clubs de Lectura no seo da súa biblioteca escolar; no marco da convocatoria que o departamento educativo da Xunta realizar para impulsar estas iniciativas en centros públicos que acollen ensinanzas de secundaria, bacharelato, de réxime especial ou de Formación Profesional –tanto no réxime ordinario como no dirixido ás persoas adultas-. En total o departamento dirixido por Xesús Vázquez Abad destinou 200.000 euros ao impulso destes grupos de dinamización da lectura, o que supón un incremento do 21,2% respecto do curso anterior, investimento do que se beneficiarán 228 clubs de centros e institutos de toda Galicia, 19 máis ca no 2013/2014.

Entre os criterios de valoración dos proxectos presentados a Consellería prestou especial atención a aquelas iniciativas destinadas a impulsar a lectura de textos en lingua galega e que procuren contribuír a un maior vínculo das mozas e mozos coa nosa lingua e literatura propias. Así mesmo, no caso dos centros que repitan a experiencia, valorouse a cualificación acadada polo centro na memoria do ano anterior.

As contías que reciban os centros dedicaranse, fundamentalmente, á adquisición de libros para as actividades do club, que pasarán posteriormente aos fondos da biblioteca escolar. Os centros da provincia seleccionados son os que se indican no seguinte cadro:

Centro Concello
IES de Viós Abegondo
IES do Milladoiro Ames
IES Plurilingüe de Ames Ames
IES de Pastoriza Arteixo
IES Manuel Murguía Arteixo
CPI de San Vicente A Baña
IES Francisco Aguiar Betanzos
CPI Armando Cotarelo Valledor Boimorto
CPI As Revoltas Cabana de Bergantiños
IES Pedra da Aguía Camariñas
IES Afonso X O Sabio Cambre
IES David Buján Cambre
IES Isidro Parga Pondal Carballo
IES Monte Neme Carballo
IES Cabo Ortegal Cariño
CPI Vicente Otero Valcárcel Carral
IES Punta Candieira Cedeira
IES Agra de Raíces Cee
IES Fernando Blanco Cee
CPI Plurilingüe O Cruce Cerceda
CMUS Profesional da Coruña A Coruña
EOI da Coruña A Coruña
EPAPU Eduardo Parga Pondal A Coruña
IES A Sardiñeira A Coruña
IES Agra do Orzán A Coruña
IES Fernando Wirtz Suárez A Coruña
IES Monelos A Coruña
IES Monte das Moas A Coruña
IES Plurilingüe Elviña A Coruña
IES Plurilingüe Eusebio da Guarda A Coruña
IES Plurilingüe Rafael Dieste A Coruña
IES Ramón Otero Pedrayo A Coruña
IES Salvador de Madariaga A Coruña
IES Urbano Lugrís A Coruña
EPAPU de Teixeiro Curtis
IES de Curtis Curtis
CPI Eusebio Lorenzo Baleirón Dodro

CPI A Xunqueira Fene
IES de Fene Fene
CIFP Ferrolterra Ferrol
EOI de Ferrol Ferrol
IES Concepción Arenal Ferrol
IES de Catabois Ferrol
IES Ferrol Vello Ferrol
IES Ricardo Carballo Calero Ferrol
IES Saturnino Montojo Ferrol
IES Sofía Casanova Ferrol
IES Fin do Camiño Fisterra
CPI de Ponte Carreira Frades
IES Agra de Leborís A Laracha
CPI Cabo da Area Laxe
CPI Cernadas de Castro Lousame
IES Urbano Lugrís Malpica de Bergantiños
CPI da Picota Mazaricos
IES de Melide Melide
CPI de Xanceda Mesía
CPI Castro Baxoi Miño
IES de Mugardos Mugardos
IES As Telleiras Narón
IES Fernando Esquío Neda
IES Campo de San Alberto Noia
IES Virxe do Mar Noia
IES María Casares Oleiros
IES Miraflores Oleiros
IES Nº1 Ordes
IES Poeta Añón Outes
IES Camilo José Cela Padrón
IES Macías O Namorado Padrón
CPI Camiño de Santiago O Pino
IES da Pobra do Caramiñal A Pobra do Caramiñal
IES de Ponteceso Ponteceso
CPI Monte Caxado As Pontes de García Rodríguez
IES Castro da Uz As Pontes de García Rodríguez
IES Moncho Valcarce As Pontes de García Rodríguez
IES do Porto do Son Porto do Son
CIFP Coroso Ribeira
IES Leliadoura Ribeira
IES Nº1 Ribeira
CPI Plurilingüe dos Dices Rois
IES Isaac Díaz Pardo Sada
CPI de San Sadurniño San Sadurniño
IES Terra de Xallas Santa Comba
CIFP Politécnico de Santiago Santiago de Compostela
CMUS Profesional de Santiago Santiago de Compostela
EOI de Santiago de Compostela Santiago de Compostela
IES A Pontepedriña Santiago de Compostela
IES Antonio Fraguas Fraguas Santiago de Compostela
IES Arcebispo Xelmírez I Santiago de Compostela
IES Arcebispo Xelmírez II Santiago de Compostela
IES de Sar Santiago de Compostela
IES Eduardo Pondal Santiago de Compostela
IES Plurilingüe Rosalía de Castro Santiago de Compostela
IES de Cacheiras Teo
CPI Plurilingüe de Fonte-Díaz Touro
CPI de Viaño Pequeno Trazo
CPI de Bembibre Val do Dubra
CPI Plurilingüe de Vedra Vedra
IES Terra de Soneira Vimianzo
IES Maximino Romero de Lema Zas

Grupos de dinamización da lectura
O obxectivo desta convocatoria de axudas é apoiar a creación de clubs de lectura nos centros educativos como grupos de dinamización en prol do hábito lector que favorecen a incorporación á lectura da mocidade máis reticente. Neste sentido cómpre sinalar que os clubs funcionan como espazos nos que os máis novos poden expresar as súas inquedanzas, debater cos outros arredor das mesmas e compartir emocións e opinións. Así mesmo, a apertura dos clubs a nais, pais e outros membros da comunidade educativa contribúen a crear no seu seo ambientes lectores cheos de riqueza e achegas de persoas de diferentes idades e intereses. Asemade, os clubs están a ser en moitos casos unha oportunidade para descubrir os novos soportes para a lectura dixital, espazos para a experimentación con dispositivos electrónicos e formatos como os booktrailers, os blogues e as redes sociais.

O éxito desta actividade de dinamización da lectura, entre outras das impulsadas pola Consellería teñen representado importantes avances na adquisición da competencia lectora por parte do alumnado galego. Non en balde, os máis recentes estudos neste eido (PISA 2012) indican que as mozas e mozos de Galicia presentan, con 499 puntos, un índice de competencia lectora superior á media europea – que se sitúa en 489 puntos- , á media española (488) e á media dos países da OCDE (496).

Ademais de favorecer este hábito entre o alumnado – e a comunidade educativa en xeral- os clubs de lectura son espazos para a aprendizaxe de competencias básicas na vida cotiá, educación cidadá, para o debate, a convivencia e o contacto coas novas tecnoloxías da información e a comunicación. As experiencias destes grupos quedan, en moitos casos, reflectidas en blogues que poden consultarse nos enlaces http://lerenmancomun.blogspot.com.es/ e http://librosaeito.blogspot.com.es/ .